Escribir:

Universos de fantasía

Soñemos con universos de fantasía tan reais coma este pero cheos de imaxinación.

Os meus universos son completamente diferentes e hai un para cada quen. Algúns mesmo están personalizados. Se lle queres regalar un universo, unha historia ou conto a alguén que coñeces, pídemo e eu o crearei.

Dame un nome, un tema, un asunto, un obxecto ou unha situación... e creareino para ti.

Ben queiras evadirte ou publicar e partillar un destes lugares máxicos... ven e bota unha ollada aos universos creados por min.