Facer dobraxe:
Unha paixón
De cativa tiven a inmensa sorte de crecer na era da explosión do anime, cando Telecinco chegou a España e cando foi creado o Xabarín Club, así coma baixo a influenza das princesas Disney.
Tamén tiven a sorte de que o meu pai tivera un dos meirandes tesouros cos que un cativo pode soñar: unha guitarra.Iso fixo que, dende moi pequena, puidera comprender a importancia da voz e o son.
A dobraxe veuse convertida na miña paixón, a miña fantasía e, finalmente, o meu futuro.Apunteime a dous cursos de teatro e fixen dous cursos de dobraxe en Centramedios (A Coruña) para adquirir as habilidades precisas para facer realidade o meu soño.
Desde entón, traballei en documentais, audiolibros e voiceovers para proxectos independentes e a través da páxina Voice123.
Se queres escoitar algún dos exemplos da miña voz, non dubides en pedirmos.