CV
Máis de 15 anos de experiencia
Especialista en tradución e proxectos de localización
Inglés/Portugués > Castelán/Galego.
EXPERIENCIA LABORAL ATA O DÍA DE HOXE
- Tradutora autónoma (12/2003 - Actualidade)
Tradutora do Inglés e o Portugués ao Castelán e ao Galego (vice versa), para diferentes empresas como Level Up Translation, AEIOU Traductores, Globally Translated, Cerditos de Guinea, Gofrepan, Tee Travel, Shamrock Games, e outros particulares e empresas de localización, ofertándolles traducións de alta calidade ou mesmo traducións xuradas de documentos certificados (Inglés/Galego), literatura, marketing, panfletos turísticos, aplicacións de software, traducións para os medios audiovisuais, procurando recursos e mesmo coordinándoos cando for necesario.
Fun nominada a Mellor Traducción Audiovisual dos Premios ATRAE 2019 por Ghost of a Tale.
Tamén son tradutora voluntaria para a Associació Catalana Pro Persones Sordcegues (Apsocecat), Intermón Óxfam, TermWiki e ProZ.com. Ademais, durante os meus primeiros anos coma tradutora, colaborei con diferentes fansubs e formei parte do proxecto Trasno para localizar o contorno KDE de Linux ao galego.
Para ver algunhas mostras das miñas habilidades tradutolóxicas, calca aquí ou consulta:
● Ghost of a tale (videoxogo).
● Peter Pan nos xardíns de Kensington.
Agora na Biblioteca Virtual (http://tradutoresgalegos.com/bivir.html) 05/2009.
● La Guía Oficial de Second Life.
Editorial Anaya. Responsable de tradución e edición. 07/2007- 02/2008.
- Tradutora de videoxogos ao castelán [En empresas] (10/2010 - Actualidade)
Levo dende o 2010 formando parte do cadro de persoal de CULTURETRANSLATE GmbH (Fráncfort do Meno, Alemaña) [Outubro 2010-Agosto 2012] e CULTURETRANSLATE LTD (Dublín, Irlanda [Setembro 2012 - Actualidade]) traballando tanto no Equipo de Proxectos coma no departamento da Consola Virtual. As miñas tarefas consisten en traducir manuais, texto dos xogos, anuncios e outros produtos de marketing así coma a embalaxe de diversos videoxogos para Nintendo e outros clientes coma Cliq e thumbr.
Tamén son parte do Grupo de Formación e do grupo de Contratación.
Desafortunadamente, o meu traballo está protexido cun acordo de confidencialidade (NDA).
- Correctora de videoxogos (tester) (06/2009 – 10/2012)
Ao longo dos meus anos coma tester en Enzyme Testing Labs (Sainte-Adéle, Canadá [Xuño 2009 - Xullo 2010]) e Key-Factor GmbH (Eschborn, Alemaña [Xullo 2010 - Outubro 2010]), adquirín experiencia en múltiples plataformas (iPad, iPhone, PSP, PS2, PS3, Wii, Wii U, Nintendo DS, Nintendo DSi, Nintendo 3DS, Xbox 360, Leapster, Leapfrog Tag…) e bases de dados utilizadas na industria (Jira, Mantis, Buglog, DevTrack…) así como coñecemento sobre os estándares de calidade e a súa integración. Grazas a todo isto, descubrín as necesidades específicas da localización.
A maior parte do meu traballo como tester, consistía en comprobar a calidade da tradución española, pero tamén estiven encargada de comprobar a calidade da tradución portuguesa e a funcionalidade do xogo cando foi necesario.
Algúns dos xogos cos que traballei neste campo son:
● Splatterhouse (PS3 e Xbox)
● CSI Deadly Intent (NDS, Wii, PC e Xbox)
● Teenage Mutant Ninja Turtles: Arcade attack (NDS)
● Imagine Gymnastics (NDS)…
Podes consultar unha lista máis completa calcando aquí.
OUTROS CAMPOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Bolseira da Asociación de Tradutores Galegos (05/2004 – 10/2006)
Encargada da tradución de documentos, mantemento da páxina web e a revisa de tradución Viceversa así como de colaborar na organización de congresos de tradución coma o V Simposio Galego de Tradución “En Voz Allea” (Febreiro 2005).
- Actriz de dobraxe (12/2003 – Actualidade)
Os dous cursos de dobraxe que fixen (Centramedios, A Coruña [Setembro 2003 - Xuño 2004]), outorgáronme unha experiencia e coñecemento do campo que me resultou moi útil á hora de traballar en localización. Tamén realicei algúns pequenos traballos coma actriz de dobraxe coma o documental Poboacións Ocultas (Xunta de Galicia, Maio 2009) e proxectos en http://voice123.com/.
Calca aquí para escoitar algunhas mostras da miña voz.
- Escritora (En constante desenvolvemento)
Escribir foi sempre unha das miñas paixóns e é posible atopar algunhas das miñas historias e contos publicados coma El león marrón jugaba solo al balón (conto publicado na revista Sapos y Princesas ou historias máis profundas coma Take me OUT.
Para máis exemplos, calca aquí.
EDUCACIÓN
- Máster en Sociedades e Culturas de Asia Oriental (UOC, 09/2007 – 07/2009)
O máster e o posgrao en Sociedades e Culturas de Asia Oriental (parte dos Estudios de Asia Oriental) axudoume a comprender a cultura subxacente nos documentos que deben ser localizados (videoxogos, textos, mangas, animes...) ademais de me proporcionar un coñecemento xeral sobre a arte, xeografía, idiomas e situacións políticas desas sociedades.
- Licenciatura en Tradución e Interpretación (10/2001 – 06/2007)
Especializada en Inglés, Portugués, Castelán e Galego.
- Título de Tradutor Xurado (Xunta de Galicia, 2007)
Con licencia para realizar traducións xuradas Inglés - Galego - Inglés.
OUTRAS HABILIDADES E COÑECEMENTOS
Outros idiomas:
Estudando xaponés (Nivel 2 na Escola Oficial de Idiomas) e alemán (B1 no Marco Europeo de Idiomas). Interesada noutras linguas coma a linguaxe de signos, chinés e gaélico.
Outros cursos:
Especializada en marketing para servizos de localización, lideranza e administración e coordinación de proxectos.
Coñecementos de informática:
Amplo coñecemento dos diferentes sistemas operativos e ferramentas de localización e tradución asistida (Trados, Dejavú, OmegaT, Subtitle Workshop…). Coñecemento básico de HTML.
REFERENCIAS BAIXO PETICIÓN
Actualizado o: 18/02/2021