Correxir e probar:

Na procura da perfección

É moi fácil cometer un erro. Mesmo cando pos o teu corpo e a túa alma no que estás a facer, sempre hai pequenos problemas que escapan ao noso control e poden causar danos nese proxecto no que traballaches con tanto agarimo.

A corrección e probas (o que na industria informática é coñecido como “testeo”) sen dúbida axudan a limar os resultados para obter os mellores resultados.

Se es dos que procura un bo resultado final, é imprescindible que corrixas os teus programas ou documentos.

E aí entro eu! Eu revisarei os teus documentos e programas con moito ollo para atopar tódolos posibles problemas que poderían afectar á comunicación.

Ti es quen decide se prefires que os corrixa directamente ou prefires que che entregue unha lista para que o arranxes ti mesmo!

Fagamos que a túa mensaxe escrita sexa tan magnífica como é na túa mente!

Se queres saber máis sobre os meus anos de experiencia como correctora lingüística tanto de documentos coma de videoxogos e programas (tester), lee o meu currículum ou bota unha ollada á lista de xogos nos que traballei xa no mercado.