Galego‎ > ‎

Traducir: O mundo entre linguas

​En que traballas? Eu? Eu vencello culturas...


Como sempre tiven un aquel polos idiomas e as artes, era de esperar que rematase estudando Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo, especializándome en inglés, portugués, galego e castelán e obtendo a miña licenza de tradutora xurada inglés - galego - inglés certificada pola Xunta de Galicia.


Comecei a miña carreira profesional coma bolseira Asociación de Tradutores Galegos (ATG), traducindo documentos, encargándome do mantemento da páxina web e tendo a oportunidade de axudar na organización de congresos e simposios de tradución. Ao mesmo tempo, a miña vida coma autónoma levoume a traducir panfletos turísticos, manuais técnicos, interfaces informáticas e libros.

Logo comecei a me especializar en tradución literaria, audiovisual e localización de programas e videoxogos, o meu pan de cada día e a miña paixón, pero non por iso deixei outros tipos de tradución (xeral, turística, técnica, certificada, tradución para organizacións, tradución de proxectos para a educación…).

Se queres máis información sobre mi experiencia profesional, podes consultar o meu currículum.

Se prefires comprobar as miñas habilidades traductolóxicas, sempre podes botar unha ollada ás miñas mostras.