Galego‎ > ‎

Facer dobraxe: Unha paixón



De cativa tiven a inmensa sorte de crecer na era da explosión do anime, cando Telecinco chegou a España e cando foi creado o Xabarín Club, así coma baixo a influenza das princesas Disney.

Tamén tiven a sorte de que o meu pai tivera un dos meirandes tesouros cos que un cativo pode soñar: unha guitarra.

Iso fixo que, dende moi pequena, puidera comprender a importancia da voz e o son.

​A dobraxe veuse convertida na miña paixón, a miña fantasía e, finalmente, o meu futuro.

Apunteime a dous cursos de teatro e fixen dous cursos de dobraxe en Centramedios (A Coruña) para adquirir as habilidades precisas para facer realidade o meu soño.

Desde entón, traballei en documentais, audiolibros e voiceovers para proxectos independentes e a través da páxina Voice123.

Se queres escoitar algún dos exemplos da miña voz, calca aquí.