![]() Que a perfección no existe é ben sabido. Mesmo cando pos o teu corpo e a túa alma no que estás a facer, sempre hai pequenos problemas que escapan ao noso control e poden causar danos nese proxecto no que traballaches con tanto agarimo. A corrección e probas (o que na industria é coñecido como “testeo”) tampouco son perfectas, pero sen dúbida axudan a limar os resultados para minimizar esas pequenas imperfeccións e facer que sexan imperceptibles. Se es dos que procura un bo resultado final, é imprescindible que corrixas as túas obras ou documentos. E aí entro eu! Eu revisarei os teus documentos e programas con moito ollo para atopar tódolos posibles problemas que poderían afectar á comunicación. Ti es quen decide se prefires que os corrixa directamente ou prefires que che entregue unha lista para que o arranxes ti mesmo! Fagamos que a túa mensaxe escrita sexa tan magnífica coma na túa mente! Se queres saber máis sobre os meus anos de experiencia como correctora lingüística tanto de documentos coma de videoxogos e programas (tester), lee o meu currículum ou bota unha ollada á lista de xogos nos que traballei xa no mercado. |
Galego >
